Qualification
XESTA BRAVA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA

QUE É A ECOESCOLA ITINERANTE?

A ecoescola itinerante é un programa cuxo obxectivo principal é “naturalizar a aprendizaxe e ao indivíduo” fomentando o contacto coa natureza a través de saídas, xogos, actividades, talleres e dinámicas que propicien reconectar co medio natural, creando novas e boas experiencias no e para o entorno que nos rodea, sen deixar de lado a ética medioambiental, o proceso educativo e o respecto polo espazo natural.


Obradoiros da ecoescola



VIVEIRO FORESTAL,

 

VIVEIRO ESCOLAR

 

 Crear un pequeno viveiro forestal dentro do espazo. Sementa, xermina, coida e planta a túa árbore.


 BECHOCONSTRUCIÓN


Crear un hotel de polinizadores e achegarnos ao gran mundo dos insectos



 

MUNDO
PAXARO

 Unha achega ao mundo da ornitoloxía e construción de caixa-niño


 





BOMBAS DE VIDA

Bombas de sementes, compost e experimentos sobre a composición do solo.

RECICLARTE

Papel reciclado, facer o noso caderno de campo, pinturas e pinceis con elementos naturais

 



PARA QUEN É? CENTROS EDUCATIVOS


Para todo o alumnado


AFA, ANPA E OUTROS COLECTIVOS


Para toda a familia


ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS, ETC


Para todos os públicos






ONDE É?

A Ecoescola Itinerante, é a encargada de desprazarse aos centros educativos, locais sociais, veciñais etc e organizar os seus talleres alí.
Dende Xesta Brava adaptamos o taller ás necesidades do espazo e ás inquietudes das participantes


COMO É?


Cada taller da Ecoescola Itinerante é diferente e a súa estrutura e duración tamén.

BOMBAS DE VIDA MUNDO PAXARO BECHOCONSTRUCIÓN


2 horas de duración por taller


VIVEIRO FORESTAL, VIVEIRO ESCOLAR RECICLARTE


3 talleres de 2 horas cada un Ambos obradoiros se realizan en 3 partes (fases) cada unha cunha duración de 2 horas