Qualification
XESTA BRAVA SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA

Visitas Didácticas á Reserva da Biosfera.

 

O PROXECTO


“Explorando o Xurés” é unha proposta que procura achegar a natureza ás persoas, facéndonos reconectar con ela a través da aventura que inclúe roteiro, dinámicas ambientais, xogos, saídas pedagóxicas e interpretativas, actividades deportivas na natureza, obradoiros, convivencia e moito máis.


Comeza a aventura!!



DIRIXIDO A

Centros Educativos
Primaria
Educación Secundaria

AFAS, ANPAS e Outros Colectivos
Actividades para toda
a familia



Clubes Deportivos

de 6 a 16 anos
Aventuras á vosa
media

Asociacións
Actividades para tódolos públicos



ACTIVIDADES


Roteiros pola Natureza


Aprendizaxe a través de paseos pola natureza con dinámicas ambientais coas que achegar a rapazada ao mundo da fauna, flora, ríos...


Obradoiros Ambientais

Obradoiros de educación ambiental que nos achegan ao mundo da ornitoloxía, insectos e á vida no solo. Caixas niño, hoteis de insectos, bombas de sementes...


Deporte e Natureza

Actividades Deportivas na
Natureza:
Pirauga
Sendeirismo
Orientación
Geocaching





Escola Ecuestre


Actividade de “Granxa Escola” e “Poni Games” como primeiro contacto co mundo equino a través de dinámicas de coidados, alimentación, montura e xogos cos ponis.



Xogos Tradicionais

Xogos tradicionais de onte e de hoxe e creación de enredos con elementos naturais para aprender sobre a nosa cultura e tradicións. Billarda, rá, marquelo, aros, tirapedra, birlos...


Etnografía e Historia

Visitas Culturais para coñecelo patrimonio histórico e etnográfico do Xurés, adaptadas a cada etapa educativa e a cada grupo. Aprendizaxe a través de xogos e descubertas didácticas e interactivas



ELIXE A TÚA AVENTURA


 

AVENTURA BUBELA

 


Un día de aventura na natureza

 

 


AVENTURA LONDRA

 

 

Dous días de aventura coa velada: “O clan do Corgo”

 


AVENTURA AVELAIONA



Tres días de aventura con
dúas veladas:
“A reconquista de Muíños”
“O clan do Corgo”

  AVENTURA RAPOSA



Elabora a túa propia aventura para máis días de estancia




 



Coas dinámicas e experiencias presentadas, podedes elaborar a vosa propia aventura dende un día completo ata unha estancia de varios días, nas que o equipo coordinará e acompañará ao grupo nas actividades.


AS NOSAS AVENTURAS

Achegámosvos as nosas recomendacións para unha estancia inolvidable


EXPERIENCIAS BUBELA



PROPOSTA NATUREZA

 

Roteiro pola natureza


 Obradoiro Ambiental 

 

PROPOSTA ETNOGRÁFICA

 Obradoiro de pan en forno tradicional 

Descuberta Etnográfica na aldea

 

PROPOSTA EQUUS

 

Escola Ecuestre Poni Games


Actividades e Xogos na natureza



EXPERIENCIA LONDRA


DÍA 1

Roteiro pola
natureza


Xatar no
bosque


Escola Ecuestre


Velada “O Clan do
Corgo”

DÍA 2

Obradoiro
Ambiental


Pirauga


Prezo: Dende 90 euros/persoa
Inclúe: Monitorado + Aloxamento e Manutención + Actividades + Seguros Obrigatorios


EXPERIENCIA AVELAIONA


DÍA 1

Roteiro pola
natureza


Xantar no
bosque


Escola Ecuestre


Velada “O Clan do
Corgo”

DÍA 2

Roteiro pola
natureza


Descuberta
Etnográfica na
Aldea de
Puxedo


Velada: “A
reconquista de
Muíños”

DÍA 3

Obradoiro
Ambiental

Pirauga


Prezo: Dende 135 euros/persoa
Inclúe: Monitorado + Aloxamento e manutención + Actividades + Seguros Obrigatorios


ALOXAMENTO


O albergue "O Corgo" dispón dunha capacidade de 106 prazas, en dormitorios de 30, 20, 15, 10, 6
e 4 persoas. Trátase dunha instalación pensada para colectivos.
Con servizo de comedor, sala multiusos, canchas e piscina.


Muíños


Nun enclave máxico e privilexiado, O Corgo tórnase o mellor lugar para comezar a aventura de Explorar o Xurés


O EQUIPO


Lirios do Xurés e Xesta Brava son os equipos encargados de por en marcha o proxecto que tes nas mans.


Xesta Brava é unha Cooperativa de educación ambiental e ocio educativo que ten como obxectivo principal crear conciencia sobre o coidado do entorno e conseguir que grandes e pequenas reconecten coa natureza, co fin de respectala, coidala e amala.


Lirios do Xurés é unha empresa de Ecoturismo e Ocio educativo afincada nas terras do Xurés que, a través de experiencias en primeira persoa, busca achegar o territorio ás persoas que o visitan.


As persoas responsables deste proxecto Cris, David e Ana comparten o amor pola natureza e pola educación ao aire libre. Cun longo percorrido no deseño, xestión e execución de actividades ocioeducativas, hoxe xuntamos forzas para proporvos esta aventura no Xurés pois, ao igual que na natureza e nos ecosistemas sostibles, cooperamos, axudámonos e contribuímos a crear novos proxectos que sementen este amor e respecto que sentimos polo noso entorno natural.


AGARDÁMOSTE

DATOS DE CONTACTO
xestabrava@xestabrava.com
Teléfono: 623.025.550 - 613.073.330 - 696.760.910